15.5 C
Santa Comba
lunes, septiembre 30, 2024

Conta xeral aprobada e debate económico en Coristanco

Votaron a favor da conta xeral 2015, Tega e BNG, abstívose o PSOE  e votou en contra o Partido Popular.

A corporación local de Coristanco aprobou cos votos de Terra Galega e BNG a conta xeral do ano 2015, que arroxa un remanente de tesourería positivo de 612.416 euros, un aforro neto de 337.090 euros e un endebedamento superior ao millón de euros.

O portavoz do Partido Popular, Juan García Velo, xustificou o voto en contra do seu grupo xa que non dispuxeron “dos quince días de antelación para consultar a conta como marca a lei” e non tiveron acceso á información. Tamén se queixou  o vocal socialista Abraham Gerpe, que se abstivo neste punto.

Aínda que apoiou a conta xeral “porque Coristanco non pode perder máis cartos” a concelleira do BNG, Laura Mariño, quixo dar un “tirón de orellas porque tiña que estar remitida en outubro do ano pasado”, e lamentou que non se facilitara a información en formato dixital.

Amancio Lavandeira recoñeceu que  a conta viña “extemporánea” pero destacou a importancia da súa aprobación para non perder liñas de axudas. Ao mesmo tempo comprometeuse a traballar con urxencia “para que a conta xeral de 2016 non quere atrasada”.

Perderanse as subvencións da Deputación da Coruña?

Tanto Laura Mariño como posteriormente o socialista Abraham Gerpe referíronse a perda de subvencións. No caso da Deputación, Amancio Lavandeira dixo que esa situación viña motivada pola falta da conta xeral pero que “por parte da Deputación garántennos que estas subvencións non se van a perder” e que serían compensadas cunha subvención nominativa. 

A voceira nacionalista lembrou que “aínda temos unha subvención nominativa pendente”. Pola súa banda, Abraham Gerpe dubidou das palabras do alcalde:”A min na Deputación non me dixeron iso. Ou che están mentindo a ti ou a min”. O rexedor indicou que “se me menten imos ter un problema grave”. 

Gerpe demandou ao alcalde medidas para axilizar o pago de facturas desde o departamento de intervención.”Se a xente non vale para traballar ten que ir para casa, sexa do departamento de intervención ou de calquera departamento” apuntou.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos