5.3 C
Santa Comba
sábado, diciembre 2, 2023

Folga e manifestación o 8 de xullo contra a segregación de Ferroatlántica

Folga, manifestación e unha marcha a pé contra a segregación. Contan co apoio dos alcaldes de Dumbría, Cee, Vimianzo, Mazaricos, Carnota, Corcubión, Fisterra, Muxía, Zas e Camariñas.

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas anunciou  a convocatoria dunha xornada de folga o vindeiro sábado 8 de xullo, que se prolongará durante 24 horas. O mesmo día está prevista unha manifestación en Santiago de Compostela “para trasladar á Xunta de Galicia o clamor unánime da comarca á segregación das actividades e á venda das centrais”.

Desde o Comité fan un chamamento a toda a veciñanza da Costa da Morte para que haxa unha presenza masiva na capital de Galicia «e demostrar así que a comarca nin está disposta a someterse á chantaxe de Villar Mir nin vai tolerar que a Xunta cometa unha ilegalidade e unha inxustiza coa nosa bisbarra».

Nos días previos ao 8 de xullo, grupos de traballadores e traballadoras realizarán en varias etapas unha marcha a pé dende a fábrica de Brens até Santiago de Compostela. Está previsto que a andaina comece o xoves 5 en Cee e chegue á capital galega o sábado pola mañá.

Os representantes dos traballadores mantiveron unha xuntanza cos alcaldes dos concellos de  Dumbría, Cee, Vimianzo, Mazaricos, Carnota, Corcubión, Fisterra, Muxía, Zas e Camariñas que reiteraron o seu apoio ás demandas plantexadas e asinaron un manifesto “no que amosan o rexeitamento á segregación das actividades e solicitan a non autorización da mesma”.

Neste manifesto alcaldes e comité “reclaman que os beneficios xerados pola explotación dos recursos naturais se reinvistan na comarca, porque «a industrialización e inversión na comarca é unha demanda histórica, de xustiza social pola espoliación dos nosos recursos naturais».

«É firme e decidida a nosa unión para reclamarlle a Ferroatlántica e a Xunta de Galicia que, por unha banda, desista das súas intencións de venta das centrais, e por outra, que calquera Plan Industrial, inversións e, polo tanto, xeración de emprego no futuro, non estean supeditados en ningún dos casos á venta das centrais hidroeléctricas nin á segregación de actividades» sinálase no citado documento. 

Están convencidos de que a pesar do manifestado por Ferroglobe a segregación «na práctica suporía a desaparición do tecido produtivo máis importante de carácter industrial vinculado ao noso territorio, coa consecuencia negativa sobre o emprego e o resto dos sectores, fundamentalmente o sector servizos».

E entre outras reflexións aseguran que  «a única garantía de emprego, como salvagarda do interese público, pasa por respectar o actual marco legal que non é outro que a vinculación das actividades de xeración eléctrica e ferroaliaxes».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos