A empresa galega presentou a mellor oferta económica das distintas que optaban á adxudicación.
A comercializadora galega E.nova Enerxía é a adxudicataria da subministración de enerxía eléctrica aos edificios e instalacións municipais do concello de Vimianzo.
E.nova Enerxía presentou a oferta económica máis vantaxosa das cinco presentadas o que permitirá un aforro importante ao concello da comarca de Soneira. A empresa con sede en Santiago de Compostela, xestionará este servizo durante o período dun ano por importe de 257.699 euros(ive incluído), o que supón un aforro económico de máis de 55.000 euros con respecto ao orzamento de licitación.
Xunto coa subministración, E.nova Enerxía ofrecerá outros servizos ao concello como a facturación agrupada simplificada segundo a tipoloxía dos consumos, a optimización periódica das tarifas de acceso e potencia ou a monitorización dos consumos.
E.nova Enerxía garante o aforro por contrato
E.nova Enerxía orienta os seus servizos ás empresas e organizacións e caracterízase polo compromiso de transparencia, atención personalizada e o aforro económico, sendo a única comercializadora que garante o aforro por contrato ao 90% dos clientes despois de realizar un estudo de consumo gratuíto personalizado.
A pesar de ser unha empresa nova, xa conta cun número importante de comercios, PeMes, ou explotacións gandeiras na súa carteira de clientes tanto en Galicia como noutros territorios como é o caso de Cataluña.
Fonte- E.nova Enerxía