12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

O BNG empraza a Pichurri a cumprir a sentenza e o código ético do PSOE

Os nacionalistas piden ao PSOE que favoreza “un cambio tranquilo” no concello de Camariñas.

O Bloque Nacionalista Galego de Camariñas critica unha campaña de recollida de sinaturas promovida por dirixentes socialistas locais “en defensa da prevaricación realizada polo alcalde Manuel Valeriano Alonso de León”, xa que entende que o PSOE de Camariñas debería “de favorecer un cambio tranquilo no Concello que goberna e non xogar a crispar ao povo de Camariñas  para defender a un alcalde que prevarica  e se  escuda nas siglas do PSOE e de cómplices que apoian os seus actos”.

 

Política caciquil e autoritaria de Alonso de León

A voceira do BNG, Ilva Carril, considera que “o orgullo e o ego ferido do alcalde teno que limpar o alcalde cumplindo coa sentenza e co código ético do seu partido”. Opinan que os socialistas de Camariñas teñen que garantir “un clima de confianza, coherencia e bo goberno para cos seus veciños e veciñas aos cal se debe, e nada máis”.

Nun comunicado de prensa desde o BNG apelan ao PSOE “e aos seus militantes e simpatizantes que están asqueados da política caciquil e autoritaria deste alcalde para que leven adiante un cambio tranquilo e pacífico no concello de Camariñas polo ben de todos os veciños/as”.

Este pasado martes o Partido Popular local demandan a secretaria municipal a que tramitara o cambio na alcaldía xa que aseguran que coa sentenza de inhabilitación o alcalde está incorrendo nunha incompatibilidade e non pode manterse no cargo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos