7.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

A estrada de Santiago regresa ao pleno de Santa Comba

Pleno este venres.O PSOE pide que o “aforro” da autovía da Costa da Morte se destine á mellora do treito entre Santa Comba e Portomouro.

O PSOE pide frear o abuso das compañías eléctricas

Santa Comba celebra este venres o pleno ordinario do mes de maio. Entre os asuntos figura unha moción na que o  Partido Socialista propón que se solicite a Consellería de Infraestruturas que “os aforros que se produxeron, como consecuencia da conversión da Autovía da Costa da Morte nun corredor, se invistan executando a obra de acondicionamento da estrada AC-406 Portomouro-Santa Comba”. A mellora desta estrada foi un dos asuntos más tratados nas distintas lexislaturas na capital do Xallas.

No texto, o voceiro José Antonio Ucha,explica que coa conversión de parte da autovía da Costa da Morte en corredor, obterase un aforro duns 18 millóns de euros, unha cantidade que permitiría desenvolver o proxecto de mellora deste treito e mellorar a comunicación coa capital de Galicia para “saír  do atraso económico e industrial actual”. Os socialistas lembran que se trata dunha “desas vellas promesas incumpridas polo goberno do PP”. 

O PSOE tamén presentou outra moción na que demanda unha solución ante as deficiencias eléctricas en distintos puntos do concello. Queren que o concello asesore aos veciños para chegar “se fai falla á vía xudicial” para acabar cos “abusos” das compañías eléctricas. Tamén queren que a corporación local inste á Consellería de Industria a cumprir coa súa obriga de vixilancia das infraestruturas eléctricas.

Piscina municipal e colexio Barrié de la Maza

Neste pleno, o goberno que preside María Pose(PP) someterá a aprobación o proxecto de execución do “acondicionamento do vaso e do circuito de agua quente sanitaria na piscina cubierta municipal”, así como unha correción de erros para poder desenvolver o proxecto de mellora do firme das rúas Rosalía de Castro, da  praza do mercado, da corredoira da Torre, Ferradura e das que se atopan na contorna do Centro de Saúde, así como o proxecto de adecentamento da contorna do C.E.I.P. Barrié de la Maza.O pleno comenzará as 20,30h.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos