6 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

El Combo Dominicano, Jorge Sanz e Andy García

Ferveron as redes sociais coa aparición do xalleiro Andy García no Land Rober.

Os protagonistas desta edición do “Land Rober Tunai Show” da Televisión de Galicia eran os compoñentes de El Combo Dominicano, que regresaron a Galicia co seu novo espectaculo musical “Power Tour Gózalo”, e  tamén o veterano actor Jorge Sanz.

Pero nos focos da atención colouse un veciño de Santa Comba, Andy García Pereira, que participou nun dos concursos do programa que dirixe Roberto Vilar, como “suposto” membro de El Combo Dominicano, plantexando serias dúbidas á persoa que participaba ao outro lado da liña telefónica, e que finalmente, con axuda, acertou 

Andy García, humor nas redes sociais

A presenza de Andy no “Land Rober Tunai Show” tivo unha potente repercusión nas redes sociais. Instagram e o Facebook enchéronse de comentarios, como se este mozo xalleiro fora un dos membros da propia orquestra ou un artista convidado.

Pero o certo é que Andy García, estudante de 21 anos, non é un descoñecido nas redes sociais, que frecuenta lanzando vídeos propios onde amosa as súas dotes artísticas e o seu fondo sentido do humor. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos