9.8 C
Santa Comba
sábado, noviembre 9, 2024

Francisco Conde pide non precipitarse e o Comité sae decepcionado da xuntanza

O conselleiro de Industria mantivo unha xuntanza cos membros do Comité de empresa de Ferroatlántica.

Unha decisión seguindo ao pé da letra a lexislación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, afirmou hoxe que o executivo galego non mudou a súa opinión inicial e dixo que a prioridade do goberno é cumprir a lei e salvagardar o interese público da concesión.

Informou que nestes momentos os servizos técnicos e xurídicos analizan a documentación presentada por Ferroatlántica, e que o expediente será tramitado con rigor e seriedade: “o Goberno comprende perfectamente a inquietude dos traballadores pero entende que a forma de dar resposta e de dar confianza aos propios traballadores é non precipitarse, estudar a documentación e ser garantista e transparente en todo o procedemento” afirmou Conde.

O conselleiro destacou a transparencia e o diálogo que está ofrecendo a Xunta de Galicia neste asunto, e que a decisión final adoptarase “seguindo ao pé da letra o que marca a lexislación”.Os representantes do Comité de empresa das factorías de Ferroatlántica na Costa da Morte cualificaron a xuntanza de “decepcionante e preocupante”, xa que agardaban outra resposta por parte da Xunta de Galicia.

Decepción e preocupación para os traballadores

Segundo os representantes dos traballadores cando agardaban unificar criterios coa Xunta para evitar a segregación das minicentrais encontraron unha posición “esquiva” por parte do conselleiro, que tampouco precisou “nin cando nin como vai proceder a administración para dar resposta á empresa.

“Non entendemos esta actitude esquiva do conselleiro nin a falta de firmeza da Xunta para manifestar publicamente que non autorizará a segregación de actividades, cando as cláusulas das concesións dos aproveitamentos hidroeléctricos son claros e existen sentenzas do TSXG e o Supremo avalan estas condicións” aseguran desde o comité nun comunicado de prensa.

O Comité agarda que se lle entregue copia da documentación presentada por Ferroatlántica. Na xuntanza insistiu en pronunciarse contra as pretensión de Ferroglobe, recordando un informe da Universidade de Santiago de Compostela e aclarando que o plan industrial proposto polo Grupo Villar Mir “é un plan de desmantelamento, perda de emprego e peche das fábricas”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos