16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Santa Comba celebra o mes das Letras Galegas

Este mércores intervención de Xesús Valcárcel. Noa Espasandín, Nuria Lourido, María Varela e Víctor Negreira, ganadores do certame “As Nosas Letras”.

Nuria Lourido Romar- Inmaculada

As Nosas Letras

Un ano máis realizouse a entrega dos premios do concurso de redacción “As Nosas Letras”, nun acto presidido pola alcadesa de Santa Comba e concelleira de cultura, María Pose, e no que participaron as directoras do colexio Nosa Señora Inmaculada, Barrié de la Maza, unha profesora dos colexios rurais agrupados e a dinamizadora cultural do concello. No certame tamén participaron alumnos do Pepe de Xan Baña de Traba-Castriz.

Estes foron @s premiad@s:

GRUPO 1:1º PREMIO: VICTOR NEGREIRA MARTÍNEZ.- 1º- BARRIÉ DE LA MAZA

ACCÉSIT: PABLO FACAL GESTO.- 1º – NTRA SRA INMACULADA

GRUPO 2:1º PREMIO: MARÍA VARELA.- 3º – BARRIÉ DE LA MAZA

ACCÉSIT: JUAN MANUEL VEIGA RIEIRO.- 2º – CRA SANTA COMBA

GRUPO 3:1º PREMIO: NURIA LOURIDO ROMAR.- 4º – NTRA SRA INMACULADA

ACCÉSIT: REBECA GÓMEZ GENDE.- 4º – PEPE XAN BAÑA

GRUPO 4:1º PREMIO: NOA ESPASANDÍN MARTÍNEZ.- 6º – NTRA SRA INMACULADA

ACCÉSIT: MENCÍA AMIGO AGRA.- 6º – BARRIÉ DE LA MAZA

María Varela-Barrié de la Maza

Día das Letras Galegas en Santa Comba

O Catedrático de Lingua Galega e Literatura e escritor, Xesús Manuel Valcárcel, ofrecerá o vindeiro mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha charla sobre “Carlos Casares e a xeración dos 60”.

O acto terá lugar a partir das 10,30h da mañá na Biblioteca municipal e contará coa actuación da Escola de Acordeón de Santa Comba. 

E o vindeiro venres, 19, as 21,30h o auditorio do multiusos acolle a entrega de premio e a inauguración da exposición  do II Concurso de fotografía “Enfocando Santa Comba”.

Víctor Negreira

Presentación de Beatriz Rey Mourelle

O pasado venres tiña lugar a presentación do libro da xalleira Beatriz Rey Mourelle “La dama de los recuerdos”. A autora estivo acompañada pola ilustradora Teresa Puy Fraga, por Óscar Villar Moure e pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose Rodríguez. O acto foi organizado na biblioteca municipal por Ler Librerías coa colaboración do concello.

Foto portada- Noa Espasandín

 

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos