13 C
Santa Comba
martes, noviembre 28, 2023

Ánxeles Vázquez convida aos nenos xalleiros a prantar e coidar árbores

Xornada de divulgación dos recursos forestais no C.E.I.P. Barrié de la Maza de Santa Comba.

A conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, participou o pasado venres nunha xornada divulgativa sobre o coidado dos recursos forestais que levaron a cabo os axentes do Distrito V no C.E.I.P. Barrié de la Maza de Santa Comba.

Con esta iniciativa uns 250 rapaces de primaria recibiron unhas charlas por grupos, e participaron nunha sesión conxunta no patio do colexio, na que poideron coñecer as ferramentas das que dispoñen os axentes para coidar do monte, previr lumes e, no seu caso, extinguilos. Esta iniciativa enmárcase dentro das charlas promovidas poloa Consellería do Medio Rural e incluída no Pladiga.

 

Ánxeles Vázquez en Santa Comba

Tamén se dirixiu aos nenos e nenas, a conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez que se referiu á importancia das árbores.:“Temos que ter especies arbóreas para vivir ben, que haxa economía no rural, pero tamén temos que ter outro tipo de especies como son as autóctonas, como son os carballos ou os castaños, porque son fundamentais e non pode haber monocultivo” dixo.

Vázquez Mejuto emprazou aos nenos  á necesidade de “plantar arbores e manter limpos os montes” e a trasladar estas mensaxes aos seus fogares. Durante a visita da conselleira do Medio Rural tamén se achegaron ata o Barrié de la Maza a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e os concelleiros do goberno Esther Espasandín, José Pose, Juan Carlos Pérez, do Partido Popular, e Chisco Ameijeiras, de Terra Galega, así como a responsable do Distrito forestal con sede en Vimianzo, Sara Romero.

 

Queixa de José Antonio Ucha

O portavoz do Partido Socialista de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo dirixiuse a este medio para expresar a súa queixa por non ser convidado, como membro da corporación, ao que considera unha visita institucional da conselleira de Medio Rural.

«Foi unha falta de respecto total e absoluta, eu formo parte da corporación lles guste ou non lles guste.A oposición tamén representa ao concello» sentenciou José Antonio Ucha.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos