18.4 C
Santa Comba
sábado, julio 20, 2024

O concello de Mazaricos lanza un boletín informativo

“Mazaricos Directo” e unha nova ferramenta de comunicación do concello de Mazaricos para complementar a difusión nas redes sociais.

O concello de Mazaricos ten unha presenza importante nas redes sociais e tamén no campo audiovisual, pero agora quere tamén contar cunha “ferramenta destinada a que a veciñanza que segue menos as Redes Sociais teña un medio polo que saber as cousas que acontecen no seu concello”.

E esta ferramenta chámase “Mazaricos Directo”, unha publicación de oito páxinas que terá periodicidade trimestral, para dar conta das actividades e xestións que se realizan no concello.“A información é un xeito de democratizar a sociedade” asegura o alcalde Juan Blanco, que agarda que con esta publicación sexa “aínda máis extensiva a comunicación” cos veciños.

 

María de Jirra ocupa a primeira portada

Neste primeiro número a portada é para a moza María de Jirra, que protagonizou o vídeo “Mazaricos, o futuro”, promovido pola asociación Eu Son Mazaricos, con apoio municipal.

Tamén se informa sobre a inauguración do ximnasio municipal, a retirada de 120 toneladas de plásticos agrícolas, as melloras efectuadas nas escolas unitarias de Curras, Cives e Asenso ou nas áreas recreativas de Mámoas, Asenso, Godón, Pride e Castro.

Outras novas que recolle refírense a captación de augas no río Santabaia, a senda peonil de Ponte Olveira, as melloras nas rúas Galicia e Ventín e o adecentamento dun camiño nas Maroñas.

Tamén se informa sobre desbroces, melloras nas infraestruturas deportivas, e actividades culturais e de promoción do concello. A publicación distribúese entre a veciñanza pero tamén se pode descargar desde a web do concello.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos