10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O concello de Cee demanda a apertura do Castelo do Príncipe

Pleno no concello de Cee.Saen adiante dúas mocións do BNG, sobre o Castelo da Ameixenda e sobre o mercado municipal.

Que se cumpra a lei no Castelo do Príncipe en Cee

As dúas iniciativas defendidas polo concelleiro nacionalista Serxio Domínguez Louro marcaron o pleno celebrado no concello de Cee. A primeira foi aprobada por unanimidade e sen debate. Deste xeito o concello de Cee pedirá a Xunta de Galicia que se faga cumprir a lei para que se abra o Castelo do Príncipe, na Ameixenda, conforme a lexislación vixente. Desde o BNG lembraron tódalas iniciativas suxeridas nos últimos anos.”A ver se desta vez vai” afirmou o alcalde Ramón Vigo.

Na sesión estiveron presentes membros Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe que despregaron pancartas reivindicativas.

Melloras no mercado municipal ceense

Na outra moción, o BNG pedía distintas melloras para o mercado de Cee, no tocante a mellorar as condicións hixiénicas, das infraestruturas ou do posible acceso a novos comerciantes.

Desde o Partido Popular, Mabel Fernández Durán cualificou a moción de “acertada”, lembrou que o PP aprobara a zona azul e xestionara distintas melloras e anunciou o voto afirmativo do seu grupo. O resto dos concelleiros optaron pola abstención. A concelleira do PSOE, Margarita Lamela, asegurou que estaba “de acuerdo en el fondo pero no en la forma” e definiu a iniciativa como “acto propagandístico” máis propio da quenda de rogos e preguntas, xa que algunhas das cuestións eran “del ámbito competencial del alcalde”.

“Compartimos unha parte importante da súa exposición” sinalou Ramón Vigo que non obstante discrepou nalgúns puntos, asegurando que durante este mandato se fixeran varias melloras e que, por exemplo, as condicións hixiénico-sanitarias eran as “correctas”.

Outros asunto do pleno de Cee

Serxio Domínguez tentou presentar unha moción pola vía da urxencia en relación coa problemática de Ferroatlántica que por indicacións da secretaria canalizouse como rogo e que o rexedor se comprometeu a trasladar á Consellería de Industria. Tamén se interesou polo proxecto de desguace que suscitou debate coa intervención tamén de Margarita Lamela e Plácido García.

A concelleira socialista, Margarita Lamela preguntou pola piscina municipal. Neste senso Ramón Vigo adiantou que para a vindeira semana convocaríase unha comisión informativa para avanzar nos pregos e poder abrir a licitación pública do servizo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos