7.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Reacción ás críticas de Sandra Ínsua durante a clausura da Mostra

O PP indica que asistiu á inauguración a Directora xeral de Comercio e un deputado autonómico. Piden un impulso ante o retroceso de visitantes na Mostra do Encaixe.

En Camariñas o ambiente segue caldeado despois do último pleno e nin as datas festivas apagaron o incendio verbal existente.

Descenso de visitantes na Mostra do Encaixe

Se desde o goberno local fan un balance positivo da edición da XXVII Mostra do Encaixe tanto desde o Partido Popular como desde o BNG pensan que hai que darlle unha volta ao evento e aseguran que afluencia de visitantes vai en retroceso.

A concelleira do BNG,Ilva Carril, asegura que non asistiu ao evento “para protestar polo machismo amosado pola edil responsable da Mostra, Sandra Ínsua no último pleno”.

Os que sí estiveron na inauguración foron representantes do Partido Popular de Camariñas, encabezados polo seu portavoz, Mauro Aufiero.

Críticas desde o PP de Camariñas

Ós populares non lles sentou ben as afirmación da concelleira delegada da Mostra no acto de clausura e aseguran que “despois do comentario machista, polo cal non pediu disculpas, a nosa tenente-alcalde volve a demostrar a forma de gobernar que predomina no Concello”.

Explican que asistiu a Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o deputado autonómico Aurelio Núñez Centeno:”O parecer, para Sandra Insua, debe de ser pouca cousa que ademáis de que acuda a inauguración Sol Vazquez, directora Xeral de Comercio, tamén acude o Deputado Autonómico Aurelio Nuñez, que despois de ser invitado, a tenente-alcalde fáltalle o respeto olvidándose del cada ano”.

Para o PP de Camariñas o goberno socialista de Camariñas actúa dando mostras de “sectarismo”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos