12.3 C
Santa Comba
viernes, abril 5, 2024

Potente Festival do Humor na Laracha

Moncho Borrajo, Evaristo Calvo, Oswaldo Digón e Quico Cadaval conforman o elenco do festival larachés.

O concello da Laracha organiza a quinta edición do Festival do Humor, que reúne a catro artistas de recoñecido prestixio e sitúan a este municipio nun punto de máxima atracción para os aficionados a este tipo de espectáculos.

Este vindeiro mércores póñense a venda as entradas. O custe será de 5 euros para cada unha das funcións, que se desenvolverán os venres as 10 da noite.

O popular showman ourensán Moncho Borrajo será o primeiro en actuar, o 5 de maio. Á semana seguinte, 12 de maio, será a quenda de Evaristo Calvo con “O Barrantes”, onde representa a personaxe que interpreta na serie da TVG “Casa Manola”.

E o 19 de maio, o protagonista será o lucense Oswaldo Digón que chega co seu espectáculo “Gente triste”, avalado polo éxito que está acadando na capital de España.O colofón a este V Festival do Humor da Laracha será o veterano contacontos Quico Cadaval.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos