5.2 C
Santa Comba
sábado, diciembre 2, 2023

Afunde o pesqueiro de Muxía «O Centolo»

17:48- Os cinco tripulantes do pesqueiro «Centolo» xa foron recollidos este mediodía no peirao de Laxe por un vehículo do 112 que os levou para Muxía.Na súa chegada a porto declararon que todo sucedera moi rápido tanto o accidente como o propio operativo de rescate. Imaxe da TVG

12:24– Salvamento Marítimo agradece a colaboración do pesqueiro «Caprichosa dos». A operación de salvamento durou 15 minutos.

10:12-O responsable de Protección Civil de Muxía, Ramón Pérez, confirmou na TVG que os mariñeiros do “Centolo” viaxaban nun barco cara o peirao de Laxe. Dixo que as causas do accidente se descoñecían pero asegurou que “o normal e que fora unha vía de auga”.

Os cinco tripulantes do “Centolo” tiráronse ao mar e foron rescatados por outro pesqueiro que faenaba pola zona. Ata o lugar desprazouse o Salvamar Altair que estaba en Camariñas e o helicóptero Helimer.

9:42- Os cinco mariñeiros do «Centolo de Muxía» desembarcarán no peirao de Laxe segundo informa Salvamento Marítimo.

9:20- Ampliaremos información.O pesqueiro muxián “O Centolo” afundiu hoxe, ao parecer ao sufrir unha vía de auga. Estaba traballando a sete millas das Illas Sisargas e a 21,5 de Cabo Vilán.

Os cinco tripulantes están ben. “O Centolo” é unha embarcacións de 14×4 metros.

Na zona do afundimento están a esta hora varios pesqueiros con base no peirao de Muxía como o “Farelo”, “Os Castro” ou “Caprichosa Dos”.

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos