José Luís Pérez:“O alcalde vive tan afastado da realidade do noso concello que, tal vez, esqueza que a hostalería, as tendas e os bares xóganse o ano nos próximos meses”.
O Partido Popular de Laxe denuncia o abandono das principais zonas turísticas do concello de Laxe como son a contorna de Punta Insua, a praia de Traba, o faro e o paseo marítimo do municipio.
Segundo os populares o miradoiro de Punta Insua foi vítima de actos vandálicos pero tamén da inacción do concello:“Calquera veciño que pasee por alí poderá atoparse con pintadas nunha das pedras e no faro, tanto no novo como nos restos da vella torre” sinala o voceiro José Luís Pérez, que tamén lamenta a suciedade da área recreativa.
“Estamos a falar de dous lugares moi visitados polos turistas”
Outra queixa ven motivada pola falta de mantemento e limpeza da praia de Traba e do acceso a de Arnado.Pérez Añón demanda unha actuación urxente pola relevancia que ten o turismo para Laxe:“O alcalde vive tan afastado da realidade do noso concello que, tal vez, esqueza que a hostalería, as tendas e os bares xóganse o ano nos próximos meses”.
“Estamos a falar de dous lugares moi visitados polos turistas”, indicou o voceiro popular, quen cualificou de “bochornoso e intolerable” que o rexedor socialista, José Manuel Mouzo, “non tome cartas no asunto para solucionar estes problemas e, de paso, arrombar outras zonas do Laxe como o paseo marítimo, a contorna do faro, ou a braña de Soesto”.