10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Muxía aproba uns orzamentos que rexistran un crecemento importante

Os orzamentos de Muxía saen adiante cos votos do PSOE, a abstención do BNG e o voto en contra do Partido Popular.

4,9 millóns de euros para o concello de Muxía

O concello de Muxía aprobou os orzamentos municipais que ascenden a 4,9 millóns de euros, e que rexistran un importante crecemento polos ingresos xerados pola instalación dun parque eólico.

O alcalde, Félix Porto, defendeu unhas contas que definiu como inversoras, e que permitirán melloras no campo de fútbol da Arliña, a adquisición dun camión para a recollida do lixo e as actuacións nas distintas parroquias. Un deses proxectos é o o da mellora da vía dos Muíños á praia do Lago.Os orzamentos foron apoiados polo PSOE. 

Críticas do Partido Popular

O Partido Popular optou polo voto en contra. A voceira súa, Sandra Vilela, cualificou os orzamentos de “electoralistas” e que fomentan o “clientelismo político” en alusión a un plan de emprego para unhas 47 persoas durante un mes.

«O goberno local aproba unhas contas que non reflicten nin un só euro de investimento para Muxía, cando todos sabemos que hai moitas cousas que se poderían facer» opina Vilela, que bota de menos que non se contratara unha persoa para a oficina de turismo ou non se impulsen proxectos anunciados como a mellora da contorna do Faro Touriñán, do Santuario da Barca, ou de Moraime.Os populares denuncian o malgasto en arranxos de pistas, por no realizar con anterioridade o mantemento oportuno.

O BNG lamenta que non haxa inversión de futuro

O edil do BNG, Carlos Concheiro, abstívose pero tamén foi crítico co documento orzamentario.Os nacionalistas lamentan que non haxa “algunha inversión de futuro” e sosteñen que “investir na posta en valor do noso patrimonio cultural e natural, na nosa identidade, pode xerar riqueza e traballos de calidade”.

Consideran que se debería acometer un plan de protección para a contorna da Barca e un plan turístico “eficaz” así como impulsar un centro de interpretación en Moraime, a reconversión do faro Touriñán ou a ordenación da Praia de Nemiña.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos