14:45 Última hora. Ampliaremos información. Falece Paco Souto
O percebeiro,escritor e concelleiro do BNG na corporación de Malpica de Bergantiños,Paco Souto, falecía esta mañá cando recollía percebes nunha rocha da costa de Razo, no concello de Carballo.
Souto quedou atrapado nunha zona de difícil acceso e tivo que ser retirado por un helicóptero da Garda Civil despois caer ao mar. Os outros tres percebeiros que estaban na costa foron rescatados.
Paco Souto era unha persoa moi coñecida na bisbarra da Costa da Morte, pola súa actividade coma poeta e dinamizador cultural desde o colectivo Caldeirón. Ademáis era o presidente da asociación de mariscadores de Malpica e o voceiro e único concelleiro do Bloque Nacionalista Galego, na actual corporación de Malpica.