8.1 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

A morte de Paco Souto causa unha fonda consternación

Un regueiro de sensacións adversas pola morte do poeta-percebeiro Paco Souto.

Xosé Manuel Lema

Como unha onda brava, desbocada, a morte de Paco Souto golpeaba a actualidade na Costa da Morte e Galicia.Nun mediodía maldito, o percebeiro-poeta falecía cando traballaba nas rochas de Razo, no concello de Carballo. Segundo Axega 112 o presidente da asociación de mariscadores de Malpica poido caer ao mar tras sufrir un golpe.

As mesmas fontes apuntan a que Souto se atopaba nunha zona de difícil acceso, e foi auxiliado polo helicóptero Helimer 209, despois de que uns compañeiros tentaran reanimalo.

Loito oficial en Malpica

O concello de Malpica decretou un día de loito oficial nun pleno no que se gardou un minuto de silencio, e expresaba a súa dor “pola perda dun gran político, un excelente compañeiro e unha persoa extraordinaria”.

Paco Souto, de 54 anos de idade, era concelleiro na corporación local e voceiro do BNG. Desde a súa organización, Ana Pontón, declarouse “desolada” pola triste nova. Tamén houbo sentidas reaccións noutros dirixentes nacionalistas como Ana Miranda, Olalla Rodil, Noa Presas ou o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Este venres será despdido nun acto civil no Tanatorio de Malpica as 15:45. Posteriormente os seus restos serán incinerados en Carballo.

Comunicado do BNG (íntegro)

O BNG transmite a súa profunda dor polo pasamento do compañeiro Paco Souto e transmite as súas condolencias a familiares e amigos, en particular compañeira Enma,  por este tristísimo suceso que deixa a toda a familia nacionalista afectada e conmovida pola perda do que durante moitos anos foi concelleiro do Bloque Nacionalista Galego no municipio de Malpica.

Pero Paco Souto era tamén percebeiro, un gran poeta, un activista social, e unha das voces máis xenerosas de toda a Costa da Morte sempre ao lado das causas boas e xustas, unha voz que hoxe enmudeceu por un golpe de mar, pero que quedará para sempre na memoria de todas as persoas que o coñeceron e que o trataron, desde a súa Malpica ao resto do país.

Con todos e todas nós quedan para sempre a súa escritura, os seus recitais, a súa acción política e social, o seu compromiso co este país e coa súa xente. Sempre será lembrado pola súa calidade humana, polo seu facer literario, pola súa entrega ao mundo do mar e polo seu profundo compromiso político na defensa de Galiza.

Comprometido co seu país e co proxecto político do nacionalismo galego, xa fora na súa faceta de concelleiro do BNG en Malpica, como portavoz no seu día da Plataforma Nunca Máis, e como presidente da Agrupación de Percebeiros de Malpica ou da Asociación Caldeiron de poetas.

A dirección do Bloque Nacionalista Galego manda o maior dos cariños nestes momento tan difíciles á súa compañeira Enma e aos seus fillos, así como a toda a familia nacionalista, moi particularmente aos da Costa da Morte.

 

 

Os seus versos

 

Pensar no vendaval

É facer un poema dos teus ollos

Anovada viaxen ao centro mesmo das marés

Perseguindo o corpo en borraxeira

Do vento que abana os argazos milenarios.

 

 

Desde a xanela erguida na distancia

Troco o desexo en estandarte

E fago poemas cos teus ollos

Coas palabras que o vento deita

Nos mastros luídos na inocéncia

 

 

 

Arrécia a morte

Nas pombas escartadas dos salseiros

Contra o lombo exusto da ría

E eu fago poemas cos teus ollos

Para verme louco nos espellos.

 

 

 

Do libro As árvores do incesto

 

Foto portada- AELG-Distrito Xermar

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos