O voceiro de En Marea, Luís Villares, pide que «as empresas de Vimianzo non se vexan discriminadas nin prexudicadas por se instalar neste concello“.
Luís Villares visitou o concello de Vimianzo acompañado polos deputados Luca Chao e Pancho Casal. Foron recibidos polo alcalde, Manuel Antelo Pazos, e despois mantiveron unha xuntanza con empresarios da comarca, onde Villares explicou a proposta que levara este grupo ao vindeiro pleno do Parlamento de Galicia.
A iniciativa consiste na petición da transferencia á Xunta de Galicia do solo industrial e das competencias deste parque que xestiona
“Suelo Empresarial del Atlántico” para que «as empresas de Vimianzo non se vexan discriminadas nin prexudicadas por se instalar neste concello“. En Marea tamén pedirá bonificacións para ese solo «xa que o lugar escollido para a instalación do polígono industrial de Vimianzo polas características propias do lugar fai máis complicado a instalación de empresas no mesmo».
Deste xeito na iniciativa o grupo parlamentario de En Marea solicita á Xunta de Galicia a facer as xestións necesarias ante o Ministerio de Fomento para que de instrucións a para que desenvolva novos procesos de venda de parcelas no polígono de Vimianzo con prezos bonificados que o fagan competitivo e como mínimo similares aos do polígono de Carballo.
En Marea solicita tamén que se desenvolvan iniciativas para promocionar o polígono de Vimianzo realizando, entre outras cousas, estudos de posible especialización industrial e terciario do mesmo e favorecer a posibilidade de establecer iniciativas de economía colaborativa que o faga atractivo para as empresas da Comarca da Costa da Morte.
Segundo En Marea, Os deputados departiron co rexedor sobre a problemática municipal e as necesidades do concello, así como os proxectosde revitalización do Castelo de Vimianzo ou o plan para organizar e potenciar a reciclaxe. Tamén realizaron unha visita a emblemática fortaleza soneirana.