10.1 C
Santa Comba
miércoles, marzo 20, 2024

Roque:“Vimianzo estase mobilizando contra esta ditadura»

«Esta non é a forma de resolver un problema, o que ten que facer é solicitar a ampliación do núcleo” afirma o voceiro de Terra Galega.

O voceiro municipal de Terra Galega, José Manuel Rodríguez Blanco, cualificou de “vergonzosa” a actitude do alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, na concentración que tivo lugar este mércores en apoio a Evaristo Blanco Blanco, que ten unha orde de demolición sobre a súa casa na parroquia de Bamiro.

“É vergonzoso que se una todo o pobo e que o alcalde veña a insultar á persoa afectada e despois chamar á Guardia Civil para que non se fixera ruído” manifesta Roque que ademais acusou a un concelleiro do equipo de goberno de “enfrentarse á xente”.

Para Rodríguez “esta non é a forma de resolver un problema, o que ten que facer é solicitar a ampliación do núcleo” e non manter unha actitude “ditatorial”.

Unha ditadura pura e dura

O voceiro de Terra Galega pensa que no concello está agromando unha forte oposición ao goberno:”A xente de Vimianzo estase mobilizando ante este desgoberno e ante esta ditadura pura e dura” e pon como exemplo a concentración de apoio ao Servizo de Axuda no Fogar e esta.

“É a segunda manifestación contra a maioría absoluta deste goberno da Marea ou de Podemos” afirma José Manuel Rodríguez, que lembrou que “finalmente logrou saír adiante coa súa privatización dos servizos sociais municipais”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos