3.1 C
Santa Comba
domingo, marzo 31, 2024

Os alugueiros turísticos deberán rexistrarse despois do 10 de maio

A Presidenta de AVITURGA participou nunha charla informativa en Malpica. Nava Castro asegura que o novo Decreto aporta seguridade xurídica.

Charla de Dulcinea Aguín en Malpica

A presidenta da Asociación de Propietarios de Vivendas Turísticas de Galicia, Dulcinea Aguín Pombo, informou sobre o Decreto de ordenación  das vivendas de uso turístico en Galicia nun acto organizado polo Partido Socialista de Malpica.

Aconsellou ás persoas que aluguen as súas casas a turistas que se den de alta no rexistro da Xunta despois do vindeiro 10 de maio.Segundo explicou Aguín Pombo as persoas que aluguen non poderán realizalo por habitacións, deberán ter un seguro de responsabilidade civil específico, e declarar os seus ingresos coas correspondentes deduccións.

A presidenta de Aviturga indicou que a  duración do aluguer non poderá superar os 30 días consecutivos. Se a estancia é maior pasaría a regularse pola Lei de Arrendamentos Urbanos.Tamén destacou que as sancións por non cumprir os requisitos da Xunta poden chegar a 9.000€.

“Son moitas as familias que complementan os seus ingresos cos alugueres”

Desde o PSOE de Malpica organizou esta charla no Centro Cívico xa que na localidade “son moitas as familias que complementan os seus ingresos cos alugueres vacacionais. As persoas (as familias) que veñen a Malpica a pasar as súas vacacións deixan ingresos en todo o pobo, xa que comparten o día a día da súa estancia con todos nós. Moitos deles, son xa fixos nos nosos veráns” indican os socialistas.

Os socialistas tamén destacan que estes alugueres permiten aumentar a capacidade hosteleira do concello que “non é ampla”.Xunto coa voceira municipal, Isabel Loureiro, e o secretario local Sergio García Villar, tamén asistiu o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido e a voceira do PSOE en Carballo, Carmen Vila.

Nava Castro afirma que se cumpre cunha demanda do sector

Para a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, este novo Decreto é froito dunha demanda do sector hostaleiro, ante a proliferación de alugar por días ou semanas a vivenda habitual favorecida polos novos portais web que ofertan este tipo de aloxamentos dun xeito rápido e sinxelo. 

Castro subliñou  que a nova normativa ofrecerá seguridade xurídica e abrirá novas oportunidades tanto ao sector como aos propietarios e visitantes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos