14.2 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 29, 2023

O PSdeG esixe que se pare o desmantelamento do Hospital de Cee

Lembran que as melloras prometidas polo PP non se levaron a cabo. Loli Toja trasladará estas inquedanzas ao Parlamento de Galicia.

As deficiencias no Hospital comarcal Virxe da Xunqueira de Cee chegarán ao Parlamento de Galicia de man do Partido Socialista. Así o veñen de anunciar nunha comparecencia a deputada autonómica Loli Toja e a voceira socialista en Cee, Margot Lamela.

Os socialistas, que presentaron unha proposición de lei, constatan as deficiencias existentes no centro hospitalario e piden que se “deteña o desmantelamento encuberto do Hospital de Cee e se adopten as medidas necesarias para subsanar as deficiencias existentes no Hospital Virxen da Xunqueira de Cee”.

Promesas incumpridas do Partido Popular

Lembran que fai seis meses se aprobou unha moción do PSdeG no concello na que demandaban distintas melloras, e qhe na mesma sesión a voceira do PP, Zaira Rodríguez, anunciou actuacións que non se chegaron a realizar.

Lamentan que non se ampliou o servizo de reanimación a tempo completo, nin hai teleconsulta, nin consulta de cardioloxía, faltan especialistas en dixestivo o que provoca “un atraso preocupante” nas probas médicas.

Tamén consideran importante a renovación do “obsoleto” material de quirófano e “realizar o mantemento e a mellora de prácticas existenciais no servizo de xinecoloxía” así como a necesidade de “fomentar a autonomia do hospital para a contratacion de servizos externos”.

“Os veciños e veciñas desta comarca, a diferenza doutras comarcas de Galicia, teñen que protestar, manifestarse, reivindicar de forma constante para conseguir calquera tipo de servizo, infraestructura… De aí, que levemos no noso ADN a loita” explican os socialistas.

A proposición non de lei socialista

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos