6 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O PSOE denuncia a paralización dos servizos sociais

Os concelleiros José Antonio Ucha e Estefanía Calvelo solicitan que se convoque a comisión de Benestar Social da que forman parte.

Semana intensa de presenza dos socialistas xalleiros nos medios de comunicación. Despois de anunciar a impugnación da convocatoria e dos acordos do pleno do pasado 24 de febreiro, de criticar o estado da piscina climatizada e de replicar as declaracións da concelleira de deportes, agora dan conta dunha solicitude presentada para que se celebra a comisión informativa de Benestar Social.

Os concelleiros José Antonio Ucha e Estefanía Calvelo, que representan ao PSOE na citada comisión, consideran “lamentable” que a edila responsable de Servizos Sociais, Esther Espasandín “no haya sabido informarnos al respecto de las horas de servicio que se están haciendo en su departamento”.

Os socialistas aseguran que nesta área a responsable “ni gestiona ni hace nada y la comisión de servicios sociales no se reúne desde hace meses. Tan sólo se ocupan de aparecer en la foto, pero ni un solo proyecto, ni una sola iniciativa, ni un solo euro invertido”. 

A nota de prensa completa  do PSOE pode lerse aquí

Afirman que se están reducindo plantillas e orzamentos e alongando os prazos de resolución e endurecendo a aplicación dos baremos.”A veces parece que calmamos la conciencia con dos paquetes de arroz” manifestan desde o PSOE.

Coa petición presentada no rexistro municipal agardan que se convoque a comisión “para que nos rindan cuentas de la memoria anual del servicio”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos