10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

O PSOE impugna o último pleno de Santa Comba

Os socialistas impugnan tanto a convocatoria como os acordos adoptados no pleno do pasado 24 de febreiro.

O voceiro do Partido Socialista, José Antonio Ucha Velo, presentou  un escrito de impugnación contra a convocatoria e os acordos adoptados no pleno celebrado o pasado día 24 de febreiro, no que o Partido Socialista votou en contra do Plan POS +  e nunha sesión moi controvertida e non exenta de polémica.

En canto ós motivos de impugnación, os socialistas aluden a “falta de respecto dos prazos establecidos legalmente entre a convocatoria e a celebración do pleno e a ausencia da debida motivación”, o que consideran como unha vulneración dos dereitos fundamentais dos concelleiros.

“Sen información non é posible unha participación eficaz”

Tamén denuncian á ausencia da “documentación necesaria”para poder avaliar as propostas e analizar o expediente que segundo José Antonio Ucha, estaba incompleto na véspera da celebración do pleno.“Sen información non é posible unha participación eficaz” indican desde o PSOE que entenden que se vulneraron os artigos 20 e 23 da Constitución española.

Despois da exposición de motivos de seis páxina, José Antonio Ucha solicita que se admita o seu recurso “e se declara a nulidade do decreto de alcaldía “ de convocatoria do pleno extraordinario urxente e que se deixen “sen efecto” os acordos do referido pleno.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos