13.5 C
Santa Comba
martes, abril 16, 2024

Ovidio Rodeiro anima ós concellos a cooperar en materia formativa

Acto de clausura do obradoiro que compartiron os concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría.

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, presidiu a clausura do obradoiro de emprego que compartiron os concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría. No acto, que se desenvolveu na Casa do Pozo xalleira, tamén estiveron presentes a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco e a tenente de alcalde de Dumbría, María Agulleiro. Así como os concelleiros do goberno xalleiro Esther Espasandín, José Pose e Javier Facal.

Os representantes municipais aplaudiron os resultados desta iniciativa e expresaron a súa vontade de seguir elaborando proxectos conxuntos e pediron o apoio da Xunta de Galicia. María Pose, Juan Blanco e María Agulleiro coincidiron en apoiar este demanda e expresar a súa satisfacción polo obradoiro organizado.

Os obradoiros pasarán a ser de 9 meses

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, confirmou que a Xunta de Galicia vai a seguir apostando por esta modalidade e anunciou que “se incrementaron os fondos destinados a estes programas e tamén os meses que pasan de seis a nove meses para  consolidar e afianzar a experiencia formativa”.

Rodeiro animou aos concellos a “seguir con este formato de cooperación” e felicitou a alumnos e profesores polos resultados deste obradoiro.Pola súa banda, a directora do obradoiro Anabel Piñeiro destacou o éxito do obradoiro tanto na aprendizaxe como nas prácticas e animou aos alumnos a seguir formándose.

O obradoiro “Posta en valor dos núcleos rurais no entorno do Camiño de Santiago dos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría”, formou durante seis meses a 10 traballadores e traballadoras na especialidade de “Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanizacións” e a outros dez na especialidade de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos