6.7 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Núñez Feijóo inaugurou a depuradora de Malpica

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou este luns a depuradora de Malpica. As instalacións prestan servizo a uns sete mil habitantes e necesitaron un investimento de cinco millóns e medio de euros.

«Malpica é pesca, Malpica é turismo. Malpica é medio ambiente. E esas tres cousas necesitan unhas augas saneadas. Non podemos verter ao mar, non podemos verter ao porto, non podemos verter ás praias» manifestou Núñez Feijóo.O presidente asegurou que «esta lexislatura imos conseguir por primeira vez na historia de Galicia que todas as rías galegas estean depuradas e non haxa vertidos ás rías».

Feijóo estivo acompañado neste acto pola conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, polo director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez e polo delegado territorial, Ovidio Rodeiro. En Malpica agardaban as autoridades locais, encabezadas polo alcalde Eduardo Parga Veiga.

Visita a Buño

O xefe do executivo galego tamén visitou o novo centro de saúde de Buño. Puxo a este edificio como exemplo do compromiso do seu goberno coa sanidade pública. E destacou que nos vindeiros días adxudicarase un investimento duns 600.000 euros para a construción dunha nova senda peonil no concello de Malpica.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos