13 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

No Mazaricos do ano 2040

Eu Son Mazaricos lanza un novo vídeo sobre un hipotético futuro do concello e cunha interpretación estupenda de María de Jirra.

Un vídeo que activa o amor propio cunha visión optimista do futuro. Así poderiamos resumir a nova produción da asociación cultural “Eu Son Mazaricos” chamado “A Esencia de Mazaricos. O Futuro”.

Este vídeo conta coa participación estelar  e  excelente de María de Jirra, que representa á alcaldesa de Mazaricos no ano 2040. Unha alcaldesa que se dirixe ós seus veciños mediante un vídeo. Un concello que ten “ a sartén polo mango”, cunha potente industria láctea transformadora, co subministro eléctrico gratuito, con altas de novos veciños continuas, empresas instaladas no municipio, con plantacións de árbores autóctonas e ata unha autopista nas Maroñas.

No vídeo, que contou co apoio económico da Deputación provincial e a colaboración do concello de Mazaricos,tamén aparece o actual alcalde Juan Blanco, e varias imaxes do concello actual.

Pode que todo sexa un soño, pero moitas persoas adican as súas vida a pelexar por eles.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos