15.4 C
Santa Comba
lunes, diciembre 11, 2023

Os empresarios respóndenlle ao concello de Santa Comba

A asociación manifesta:“temos antecedentes máis que suficientes para non ter que chegar a este punto con problemas de prazos administrativos”. A Feira de Primavera será entre o 24 e o 26 de marzo.

A asociación de empresarios de Santa Comba fixo público o escrito remitido a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, despois da nota difundida polo goberno municipal a pasada fin de semana. Nunha carta asinada pola presidenta Teresa Castro pregúntaselle ao concello “para que a situación non se repita” cal será a data do pleno no que se modificará a ordenanza  municipal.

Ante a petición da asociación de empresarios publicamos o contido íntegro da carta.

Sra. Alcaldesa

En resposta á comunicación recibida o pasado venres así como a posterior publicación en distintos medios, relacionada coa solicitude de modificación da Ordenanza reguladora da venda ambulante por parte da nosa entidade, así como a recuperación de dúas Feiras Tradicionais, debo recordarlle que dita solicitude foi presentada con data do 19 de outubro de 2016(Rexistro de entrada no Concello nº 6218.

Así mesmo, despois desa data mantivéronse numerosas reunións con vostede para lembrarlle a urxencia de avanzar en dita modificación da ordenanza, sen contar que levamos reiterando dita solicitude dende a Asociación de Empresarios dende fai 5 anos, ao longo dos casi xa se mantiveron varias reunións coa Dirección Xeral de Comercio.É dicir, temos antecedentes máis que suficientes para non ter que chegar a este punto con problemas de prazos administrativos.

E para que esta situación non se repita de cara a celebración da Feira do Outono, a Asociación de Empresarios de Santa Comba solicita que se lle informe canto antes a que pleno se levará dita modificación da ordenanza reguladora de venda ambulante.

Por outra banda, agradecemos a que nos anime a celebrar a Feira da Primavera dende a nosa entidade como levamos facendo ao longo de sete anos, tendo en conta o coñecemento que ten vostede de que a Asociación de Empresarios ten serias dificultades para organizar as Feiras de Oportunidades nos termos regulados pola Lei 13/2010 do comercio interior de Galicia.

De tódolos xeitos, coma sempre fixemos, trataremos de acadar unha solución para celebrar esta feira, na procura de dinamizar o comercio local que está pasando por unha situación complicada e tratando de proporcionar aos nosos sociaos unhas condicións de participación na feira cuns custes mínimos.

Tamén lle agradecemos a súa colaboración neste evento cedéndonos un espazo que habitualmente se habilita para a celebración de dita Feira.

Escrito asinado pola presidenta Teresa Castro.

Feira de Primavera

Desde a asociación xa comunicaron esta situación aos asociados  e informaron que será a Asociación Costavales a que organice a Feira de Primavera, que tamén se atrasa.

Celebraráse o 24,25 e 26 de marzo. Os socios interesados en participar xa poden contactar coas oficinas da patronal xalleira.

Tamén lembran que ata o vindeiro 1 de marzo poden recollerse os tickets para a homenaxe a José Manuel Arufe Rieiro, que se desenvolverá no Restaurante Casa Aurelio o vindeiro 4 de marzo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos