6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

O concello de Santa Comba colaborará coa Feira da Primavera

O goberno local anima á asociación de empresarios a organizar a Feira de Primavera e comprométese a modificar a ordenanza para recuperar a Feira dos Carros e a Feira da Madeira que existían antigamente.

O concello de Santa Comba informou que trasladou á presidenta da asociación de empresarios, Teresa Castro, a “vontade de colaborar coa Feira de Primavera”.

Indican que “esta feira de oportunidades, que xa se ven realizando nos últimos anos, ampárase no disposto na Lei 13/2010 que establece que a feira debe ser promovida polos comerciantes e que o concello poderá habilitar un espazo para a súa celebración”.

Polo tanto o concello ofrécese a facilitar o uso do recinto feiral e mediante un comunicado de prensa “anímase a actual directiva a continuar coa organización desta feira, seguindo a grande labor realizada polos anteriores equipos directivos da asociación, dado que se considera que esta feira ten un impacto positivo no comercio xalleiro. 

O concello quere recuperar as dúas feiras tradicionais

Desde o executivo que preside María Pose, comprométense a traballar para modificar a ordenanza que regular a venda ambulante no concello para recoller a demanda da asociación de empresarios de recuperar a Feira dos Carros e a Feira da Madeira que existían antiguamente.

Informan que houbo días atrás un xuntanza entre concello, a asociación de empresarios e a Dirección Xeral do Comercio para tratar estes asuntos.

Desde o concello lembran que “a lexislación establece que a modificación dunha ordenanza debe ser aprobada inicialmente polo pleno e exposta publicamente durante 30 días. Tras isto é preciso publicar o texto no Boletín Oficial da Provincia e agardar outros 15 días a que entre en vigor. Tendo en conta estes prazos, o concello vai a tratar de realizar todos os trámites para que xa neste ano 2017 se poida celebrar de novo a Feira da Madeira e que en 2018 se poida recuperar a Feira dos Carros, recuperando deste xeito un patrimonio cultural do Concello que se tiña perdido”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos