5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

O Parlamento sitúase en contra da segregación de Ferroatlántica

PSOE, PP e BNG transaccionan unha proposición non de lei socialista para esixir a Ferroatlántica o mantemento da actividade produtiva e lembrar que non é posible a segregación.

Da proposición socialista saíu un texto transaccionado con BNG e Partido Popular. A idea fundamental é que os partidos políticos insisten, unha vez máis, en que non será posible a segregación de actividades. Os acordos aprobados nesta proposición non de lei debatida na Comisión de Industria son os seguintes:

1. Esixir a empresa Ferroatlántica o mantemento da actividade productiva e dos postos de traballo na factoría de Cee-Dumbría a través das inversións necesarias para este fin. Traballar con Ferroglobe para conseguir o desenvolvemento dun Plan de modernización das súas fábricas en Galicia que conte co máximo respaldo social e sindical.

 
2.
Velar polo mantemento das condicións establecidas nos documentos concesionarios vixentes das centrais hidroeléctricas con aproveitamento nos ríos Xallas e Grande, e moi especialmente as seguintes:

 
1)Non poderán segregarse de Ferroatlántica SA as actividades de ferroaliaxe e de produción de enerxía eléctrica polas centrais.
 
2)A perda por parte de Ferroatlántica SA da súa condición de titular dos aproveitamentos sinalados ante calquera acredor, mesmo pignoraticio, será causa de extinción destes nos termos establecidos nos documentos concesionarios.

 
3. Solicitar que os postos de traballo que se derivan da xestión, administración, contabilidade e explotación da división de enerxía, recaian no centro de traballo de Cee-Dumbría-Centrales Hidroeléctricas, como así foi desde sempre, na historia de Carburos Metálicos».

Debate parlamentario

A deputada socialista Loli Toja criticou a «falla de transparencia» da Xunta e do Partido Popular neste asunto que “a día de hoxe continúan negando un proceso xa anunciado nos medios”. Reclamou que non se autorice o proceso e acusou ao goberno galego de “poñer por enriba os intereses do empresario”, esquecendo a enorme débeda histórica daquel cunha comarca que conta con 50 viúvas pola silicose e enfermidades laborais provocadas por unhas actividades que tiveron as portas abertas para explotar os seus recursos naturais.

Pola súa banda, o viceportavoz do Partido Popular, Miguel Tellado, insistiu que “a única saída é cumprir a lei” e pechou as portas a segregación. Reprochou á oposición un intento de “axitar o medo” entre a cidadanía e reafirmou o “rotundo compromiso” da Xunta.“Vostedes quixeron botarnos á Costa da Morte enriba, pero a realidade desmontou as súas mentiras” manifestou Tellado.

Tamén crítica se amosou a deputada nacionalista Noa Presas. Na mesma xornada, a voceira nacional da formación, Ana Pontón, anunciou que lle preguntará ao presidente da Xunta sobre Ferroatlántica na vindeira sesión  plenaria do Parlamento de Galicia.

Pontón considera “inexplicable”que un empresario poda anunciar unha venda ilegal dun ben público, titularidade da Xunta, “e o señor Feijóo mire para outro lado, non lle pare os pés a Villar Mir e tranquilice a centos de familias nesta comarca que dependen de Ferroatlántica”.

O comité de empresa xa convocou unha xornada de folga.

@AdianteGalicia
 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos