15.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Dumbría prepara o seu entroido

Máis de dous mil euros en premios no concurso de comparsas do domingo 26 de febreiro.

A concellería de Cultura e Educación do concello de Dumbría traballa na organización do tradicional concurso de comparsas que se celebra cada ano na capital municipal. 

Repartiánse máis de dous mil euros en premios.

Concurso de comparsas.

1º premio comparsas: 1000 €

2º premio comparsas: 500 €

3º premio comparsas: 300 €

Ademáis haberá un premio de 150 euros para o disfras individual máis orixinal e unha axuda de 150 euros para tódalas comparsas participantes que non resulten premiadas no concurso.As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do xoves 23 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas. (Teléfono: 981 744 001).

A concentración das comparsas terá lugar desde as 17,00h na porta do concello. A comitiva desprazarse en pasarrúas ata a Praza da Igrexa.

Alí haberá un desfile dos disfraces individuais, actuará a comparsa municipal e as comparsas que compitan no concurso. O evento estará amenizado pola Charanga Maloserá. Cada neno disfrazado recibirá unha bolsa de caramelos como agasallo.

A edición do ano pasado foi ganada pola comparsa “Lirex, a última aldea gala”, por diante de “Buxantes Calidade” e a “Comparsa de Gures”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos