11.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 17, 2024

“As centrais teñen que seguir ligadas á actividade industrial»

Fernández Leiceaga pide explicacións á Xunta porque xa hai “unha comunicación formal” de venda das centrais por parte de Ferroglobe.

Piden unha explicación “porque o proceso está en marcha”

O portavoz parlamentario do Partido Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, e a parlamentaria Loli Toja participaron nun encontro cos representantes dos traballadores de Ferroatlántica na localidade do Ézaro, no concello de Dumbría. Tamén asistiron os alcaldes de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro , Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, Corcubión, Lalo Insua e Fisterra José Marcote.

Xoaquín Fernández Leiceaga pediu que a Xunta de Galicia ofreza explicacións ao comité de empresa e ós alcaldes da Costa da Morte:“Pasou o tempo en que a Xunta, o seu presidente e o conselleiro de industria podían mirar para outro lado e facer que non pasaba nada. Hai unha comunicación formal e por tanto un coñecemento público de que o proceso está en marcha”.

Iniciativa do PSdeG no Parlamento de Galicia

Os socialistas teñen claro que todo pasa por que “as centrais hidroeléctricas sigan ligadas á actividade industrial” para que se poidan manter os postos de traballo e que se garantice a continuidade “da fábrica máis importante desta zona”.

Os socialistas defenderán unha proposta na comisión parlamentaria de Industria que se celebrará o vindeiro mércores:“Esixiremos dúas cousas: que se cumpra a estrita legalidade, o que implica que non se vai poder levar a cabo a segregación das actividades, e transparencia” explicou a deputada da Costa da Morte, Loli Toja.

Os socialistas lembran que hai unha concesión á que lle restan máis de 50 anos e é unha actividade “que ten beneficios todos os anos, e cuxa rendibilidade non está en cuestión”.

Os traballadores de Ferroatlántica retomaron as súas concentracións de protesta contra a posible segregación de actividades en un escenario onde os plans de venda por parte da empresa xa están confirmados.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos