18 C
Santa Comba
lunes, noviembre 4, 2024

O PP de Mazaricos acusa ao alcalde de “saltarse a lei»

Nico Martínez queixase dos contratos menores do goberno local e lamenta que o goberno “se poña nervioso cada vez que se lle pregunta por algún asunto”.

O portavoz do Partido Popular de Mazaricos acusa ao alcalde de “saltarse a lei” de maneira reiterada na adxudicación de contratos menores de servizos externos. Os populares poñen coma exemplo “o novo servizo  mantemento de redes sociais, superando, en case o dobre do permitido –máis de 33.000 euros-, o montante destas actuacións”.

“Non se pode presumir de transparencia na xestión municipal e despois utilizar este mecanismo para adxudicar as contratacións sen publicidade e sen dar información aos veciños” declarou Nico Martínez Almallo aseverando que non se trataba dun feito puntual.Martínez  indicou que “non hai nada que debater” e empraza ao rexedor Juan Blanco a cumprir “estritamente” coa lei de contratos menores.

Nun comunicado de prensa, desde o Partido Popular de Mazaricos tamén recriminan ao alcalde que faga “oídos xordos” a unha demanda veciñal de obras no camiño de Gosolfre:“Resulta que di que non hai diñeiro e despois decide arranxar un camiño paralelo ao que lle solicitaron os veciños”.

Nico Martínez quixo lembrar que no último pleno o PP volveu a interesarse pola situación do Plan Xeral “despois de que o rexedor asegurase o pasado 15 de setembro que “estaba a piques de saír”.

Por último, o portavoz dos populares en Mazaricos lamentou que «o señor Blanco se poña nervioso cada vez que se lle pregunta por algún asunto. Non debe gustarlle que fagamos oposición”. 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos