8.1 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

A Laracha renovou as tres web municipais

O concello presentou o novo deseño das tres webs municipais que cambian de aspecto e tamén de dominio principal que é xa o .gal. O alcalde José Manuel López Varela e o representante da empresa Labrax Soluciones participaron no acto celebrado na Casa da Cultura larachesa.

As tres webs alaracha.gal, alarachaturismo.gal e mardecaion.com foron realizadas “empregando as tecnoloxías máis modernas do sector” e adaptadas para a navegación móbil en calquera tipo de dispositivo.

O novo portal cidadán alaracha.gal está estruturado en varias caixas nas que se resaltan os contidos máis destacados, facilitando deste xeito o acceso as seccións ás que os usuarios acoden con maior frecuencia. O resto da información pódese visitar ao completo a través do menú despregable.

As webs alarachaturismo.gal e mardecaion.com salientan polo seu impacto visual ao destacar as imaxes de diversos puntos de termo municipal, tanto da costa como do interior. Os contidos foron actualizados e darase unha especial importancia á axenda de eventos que se desenvolven no Concello da Laracha. Do mesmo xeito que no portal cidadán, o deseño é responsive adaptativo para facilitar a navegación en todos os dispositivos.

José Manuel López Varela mostrouse satisfeito por “presentar á cidadanía as novas versións renovadas e melloradas das webs municipais, que responden á imaxe que o Concello da Laracha quere ofrecer aos seus veciños e tamén aos turistas”. 

O alcalde lembrou que o contido estará puntualmente actualizado coas novas de interese xeral, programas municipais e procedementos de selección de persoal, neste último caso a través da sede electrónica. Neste sentido, tamén se referiu á existencia da páxina oficial de Facebook municipal como unha “ferramenta moi útil para informar de xeito directo aos usuarios desa rede social, tanto sobre temas das administracións como dos programas organizados polas diferentes entidades sociais, culturais, deportivas e educativas do municipio”.

Por último, o rexedor municipal apuntou que “antes de que remate o mes de xaneiro presentaremos unha nova web de emprego que o Concello da Laracha porá en funcionamento para abrir novas posibilidades tanto ás empresas como aos particulares”.

Melloras no Otero Pedrato e procedementos de selección

O Concello da Laracha deu por rematadas as obras de construción da estrutura, as gradas e as pistas do novo pavillón do CEIP Ramón Otero Pedrayo, e puxo as instalacións a disposición do centro para ser empregadas polos alumnos do colexio en horario escolar. Durante as próximas semanas tamén se irá trasladando a este lugar a actividade de varias escolas deportivas municipais como as de baloncesto, patinaxe e fútbol sala. Nesta actuación investíronse 520.000 euros. 

O Concello da Laracha aprobou hoxe as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos de selección da brigada medioambiental municipal e dun técnico para o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar. Ao mesmo tempo, fixáronse as datas para a realización das primeiras probas. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos