16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Foto Teca volve a ganar o concurso de escaparates

A Landra e Muebles Lois recibiron segundo e terceiro premio no concurso convocado polo concello de Santa Comba na edición 2017.

O concello de Santa Comba entregou na Casa da Cultura os premios do décimo concurso de escaparates que se organiza no Nadal en colaboración coa asociación de empresarios xalleira. Foto Teca volveu a obter o primeiro premio. O segundo recaeu na tenda degustación A Landra e o terceiro en Muebles Lois. Os ganadores recibiron premios de 500, 300 e 150 euros respectivamente, así como uns trofeos conmemorativos.

Máis calidade pero menos cantidade

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, valorou o traballo de tódolos escaparates e o aumento do nivel con respecto a outros anos. Iso si, o que baixou foi o número de participantes. Nesta ocasión foron 15 establecementos.Pose Rodríguez apostou por promover novas iniciativas a prol do comercio e ofreceu o apoio do concello “para axudar no que se poida”. Estivo acompañada polo concelleiro Javier Facal. A rexedora incluso permitiuse unha brincadeira coa ganadora, Teresa Castro, tamén presidenta dos empresarios, e convidouna “a que para o ano non se presente”, en alusión a tódolos concursos nos que resultou premiada.

Novo lembra a tradición comercial de Santa Comba

O tesoureiro da asociación de empresarios, José Novo, agradeceu o apoio do concello e tamén aplaudiu que o concurso de escaparates cumprira dez anos ininterrompidos, aínda que pensa que se debe potenciar para que recupere un volume importante de participantes. Lembrou a tradición de Santa Comba “que se coñecía basicamente polo seu comercio e pola feira”.

O xurado estivo composto pola profesora e pintora Cristina Durán Arufe, polo axente de desenvolvemento local Herminio Agra e polo responsable da oficina municipal de información ó consumidor(OMIC), José María Suárez.Ao final os asistentes compartiron uns pinchos. Durante o acto proxectáronse as imaxes dos distintos concursantes neste certame.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos