10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Un gandeiro de Mazaricos denuncia ataques dun can

Un gandeiro de San Cosme de Antes, en Mazaricos, asegura que o can dunha veciña ataca as súas vacas. A veciña nega as acusacións e asegura que o gandeiro contamina de xurro a auga do seu pozo.

Polémica en San Cosme de Antes. Un gandeiro desta localidade denuncia que un can “de grandes dimensións”, propiedade dunha veciña está a atacar as vacas que ten na súa explotación. “O animal sae coma un touro e asusta ás vacas” manifestou Marcos Barbeito, en declaracións a Televisión de Galicia.

Tamén responsabiliza ao can dos ataques a un becerro que está ferido e que probablemente terá que sacrificar.”O can entrou na explotación e acabou de ferila máis” dixo Barbeito, que indica que as vacas están atemorizadas e “alborotadas”, o que prexudica a producción leiteira.A explotación ten sesenta vacas.

A dona do can comentou a TVG que se encontra desesperada pola convivencia con este veciño. Nega as acusacións e  culpa ao gandeiro que contaminarlle con xurro a auga do seu pozo. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos