A Casa da Cultura da Picota acolleu a celebración da Gala Esencia MZ que foi un éxito de organización e tamén de afluencia de público.
O mestre de cerimonias foi o humorista Federico Pérez, que foi dando paso á proxección de vídeos e as intervencións que houbo.
Despois do primeiro vídeo de introdución no que aparecían varios membros da asociación Eu Son Mazaricos, interviría a presidenta deste colectivo Janet Martínez.Federico Pérez iría presentando co seu peculiar estilo, distintos vídeos curtos sobre profesións, cultura, a fala, os animais, os deportes ou as historias dos maiores de Mazaricos. Despois proxectáronse dous vídeos en formato longo, un protagonizado por nenos e nenas do concello e outro dedicado á muller.
Eloxios desde o concello e a Deputación polo traballo de Eu Son Mazaricos
No treito final da gala interveu o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, que tivo palabras de recoñecemento e gratitude para o colectivo Eu Son Mazaricos, polo seu traballo que forma parte dun movemento “imparable e imborrable para a memoria de Todos”. Blanco Riveiro tivo unha mención especial para a presidenta Janet Martínez.Tamén falou a deputada de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación coruñesa, Ánxela Franco. que tamén valorou o traballo da asociación.
Un dos broches da gala Esencia MZ, foi a proxección dun vídeo sobre turismo.A presidenta de Eu Son Mazaricos, Janet Martínez, foi a encargada de pechar o acto, que agradeceu o esforzo e implicación dos seus compañeiros e agradeceu o apoio incondicional do alcalde, Juan Blanco, e tamén de Ánxela Franco e da Deputación. Para rematar poidose ver un vídeo sobre o futuro de Mazaricos. Despois chegaron os aplausos, as fotos e os pinchos para concluír unha velada inesquecible para moitas persoas.
Desde Eu Son Mazaricos aseguran que “Sen dúbida foi unha noite de ilusión e de orgullo, unha noite histórica, xa que quedou sentado un fito que marca unha nova maneira de facer as cousas, de traballar e de mobilizar a todo un pobo para camiñar unindo forzas cara un futuro mellor.
Fotos- Concello de Mazaricos





