11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Actividades do Nadal en Mazaricos

O concello de Mazaricos está organizando distintas actividades durante este nadal. Este sábado, 17 de decembro, desde as 17:00h terá lugar o Festival de Música de Nadal da escola de música moderna do concello, na Casa da Cultura.

O domingo 18 de decembro, a escritora Natalia Lema Otero presenta o libro “Baos” na Casa da Cultura.As 17:00h.Ao día seguinte os nenos de primaria e secundaria gravarán unha cuña radiofónica nas instalación da Cadena Ser en Cee.

Outra das actividades que se vai desenvolver é o Nadal Lúdico entre o 22 e o 30 de decembro e entre o 2 e o 5 de xaneiro. De 9:30h a 14:00 na Casa da Cultura.

O venres 23 de decembro(Casa da Cultura, 17:00h) celébrase o “Nadal de vila en vila”. Unha actividade dirixida a nenos e nenas (a partir de 4 anos) na que adquirirán coñecementos da tradición musical galega das festas do Nadal, coa interpretación de panxoliñas, xaneiras, aninovos, cantares de reis, aguinaldos etc. da man dos coñecidos músicos Uxía e Santi Cribeiro.

O 24 e 31 de decembro disputarase o Torneo interparroquial de fútbol sala, organizado polo Mazaricos C.F.O 26, 27 ,28  e 29 de decembro haberá sesión de cine na Casa da Cultura, desde as 17:00h, coas proxeccións de “Zootrópolis”, “El Libro de la Selva”, “Kung Fu Panda 3” e “En el fondo del mar”.

Xa no treito final do ano haberá dúas das actividades a priori máis importantes. A Gala MZ(Venres 30 desde as 21:45h na Casa da Cultura) e a Carreira do Leite e o II Brinde leiteiro na praza da feira da Picota.O xoves 5 de xaneiro, os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao concello en cabalo para repartir os seus agasallos.

Sairán ás 4 da tarde do Campo da Feira da Picota, continuarán pola avda. 13 de abril ata a estrada de Godón. Dende alí collerán por diante do Centro de Saúde ata a Casa de Cultura. Alí entregaranlle os regalos a tódolos nenos e nenas. E para rematar unha estupenda chocolatada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos