8.8 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón»

//O Partido Popular celebrou a súa cea anual coa vontade de seguir traballando por Santa Comba// Asistiu a portavoz adxunta do Grupo Popular no Congreso, Marta González.// Unhas 150 persoas participan na Cea de Nadal dos populares xalleiros//

O Partido Popular de Santa Comba celebrou a súa cea de Nadal, que xa é unha tradición tódolos anos, e que contou coa asistencia duns 150 simpatizantes e militantes do partido. Estiveron acompañados pola deputada estatal e portavoz adxunta do grupo parlamentario do Partido Popular no Congreso, Marta González Vázquez.

A alcaldesa de Santa Comba e portavoz popular,María Pose, agradeceu o apoio “da gran familia popular” e dos concelleiros, afiliados e simpatizantes. “Fai un ano estábamos traballando desde a oposición e agora estamos traballando por Santa Comba desde o goberno” afirmou Pose. Dixo que era “un honor” ser a alcaldesa do seu concello.Pose Rodríguez tamén felicitou aos asistentes por facer posible as contundentes vitorias nas últimas tres citas electorais (dúas eleccións xerais e os comicios autonómicos) e dixo que queda demostrado que os xalleiros “seguen manifestando o seu espírito popular” aínda que se debe “seguir traballando ao pé do canón”.

A portavoz popular destacou a presenza na cea de “varias xeracións do Partido Popular” xalleiro. Na cea que se celebrou no Restaurante Molesón estaban presentes os membros do grupo municipal do Partido Popular(Esther Espasandín Turnes, José Pose Pazos, Juan Carlos Pérez Gerpe e José García Suárez), e tamén os exalcaldes José Toja Parajó e Antonio Landeira Gallardo, así como exconcelleiros, compoñentes da última lista electoral, etc…Os populares gobernan en Santa Comba en coalición con Terra Galega.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos