10.2 C
Santa Comba
lunes, abril 8, 2024

Santa Comba celebra o X concurso de escaparates no Nadal

//A asociación de empresarios desenvolve unha campaña de promoción do comercio local co sorteo de 1.000 costavales e 20 CESTAS//

Un ano máis chega o concurso de escaparates no Nadal que organiza a  axencia de desenvolvemento local e emprego do concello de Santa Comba en colaboración coa asociación de empresarios.

Hai tres premios para os primeiros clasificados dotados con 500, 300 e 150 euros respectivamente, coas correspondentes placas conmemorativas para todos os finalistas.

O prazo de inscrición remata o luns 26 de decembro, e desde esa data e ata o 6 de xaneiro de 2017, os escaparates deberán estar invariables. O ano pasado o escaparate gañador foi o de Fotos Teca. Tamén resultaron premiados “Zapatería Pisotones” e “Noivas Sole Mouro”.

Os establecementos interesados en participar poden anotarse n a oficina de orientación laboral (Multiusos), biblioteca(Casa da Cultura), oficina de desenvolvemento local(Concello), ou na sede da asociación de empresarios de Santa Comba(Rúa Pontevedra, 9).

 

Merca en Santa Comba

A asociación de empresarios de Santa Comba, que preside Teresa Castro, está desenvolvendo a campaña de promoción do comercio“Merca no teu pobo, aquí regalamos ilusión”, para fidelizar as compras na capital xalleira.Coas compras nos establecemento adheridos a entidade patronal, os clientes recibirán rifas para dous sorteos. Un de 20 cestas de Nadal que se celebrará o 16 de decembro e outro de 1.000 costavales que terá lugar o 9 de xaneiro de 2017.

Nesta iniciativa colaboran Ingeniería comercial agroganadera Rodríguez, SL selección, Talleres Bermúdez, Cenor, Ferrocar, Comercial Espaher, Electrodomésticos Milar Sampedro e a Deputación da Coruña.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos