9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Francisco Conde reuniuse co PP da Costa da Morte

//O conselleiro reitera o que anunciou aos representantes do comité de empresa//

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria,Francisco Conde, mantivo un encontro cos portavoces do Partido Popular nos municipios de Cee, Camariñas, Corcubión, Dumbría, Muxía, Zas, Fisterra e Vimianzo e ao que tamén asistiron o presidente provincial Diego Calvo Pouso, o portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, o secretario de Organización e Territorio, Evaristo Ben, o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces e o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro.

Francisco Conde, que este mesmo luns entrevistouse co Comité de empresa, informou aos dirixentes populares sobre a problemática de Ferroatlántica, e a intención da Xunta de “crear unha fronte común contra a venda dos activos que Ferroatlántica ten na comarca da Costa da Morte”. Lembrou a proposición non de lei aprobada recentemente no Parlamento de Galicia e a oposición que “ten o executivo galego de non segregar a actividade da compañía”.

Os portavoces populares na Costa da Morte insistiron na “importante repercusión económica” de Ferroatlántica na zona e na necesidade de facer “todos os esforzos posibles” para lograr a súa continuidade. Sinalaron que o seu interese por este tema “non vén de agora” e nunha nota de prensa lembran a reunión que mantivo a portavoz do PP de Cee, Zaira Rodríguez e o deputado autonómico Aurelio Núñez Centeno cos traballadores ou tamén o encontro celebrado co comité de empresa a semana pasada.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos