11.5 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

O PP da Costa da Morte reitera o seu apoio aos traballadores de Ferroatlántica

Os portavoces do Partido Popular nos concellos de Cee, Dumbría, Fisterra, Camariñas, Muxía e Corcubión, mantiveron este xoves unha xuntanza cos representantes do comité de empresa de Ferroatlántica que continúan pechados na casa do concello de Cee en sinal de protesta polas intencións de segregación por parte da empresa. Os dirixentes do Partido Popular reiteraron o seu apoio aos traballadores xa que consideran que “Ferroatlántica é un auténtico motor económico”.

Nun comunicado de prensa os populares sinalan que “non é a primeira vez que estamos reunidos co comité de empresa, desde o primeiro día que xurdiu o problema estivemos ao seu lado para coñecer as súas inquedanzas e tratar de buscar unha solución dentro das nosas posibilidades”.

Están convencidos de que “o que está en xogo” é o futuro de moitas familias da comarca.Desde o Partido Popular da Costa da Morte lembraron a mensaxe do presidente da Xunta no Parlamento Galego de que se vai a cumprir a lei. Precisamente este venres Núñez Feijóo reúnese con dez alcaldes da zona.

Comunicado conxunto Cee-Dumbría-Sabón

Este serán os comités de empresa de Ferroatlántica en Cee e Dumbría e de Sabón difundiron un comunicado conxunto no que esixen a Xunta de Galicia “que asuma as súas responsabilidades e competencias como goberno, respectando o marco legal e non permita unha posible segregación das actividades produtivas e de xeración de enerxía”. Reiteran o seu interese en reunirse co presidente Feijóo.

Ademais solicitan á presidencia de Ferroatlántica que “poña fin as intencións de venta das centrais hidroeléctricas de Galicia, se ateña la legalidade vixente ó respecto e ademais de forma rotunda que cumpra co anunciado o pasado 19 de setembro de 2016, en canto a construción dunha nova planta en Sabón para a fabricación de silicio solar”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos