10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Pleno, churrasco e teatro en Santa Comba

/Pleno este vernes na casa consistorial// Festa en Santa Catalina// Teatro con Isabel Blanco e  Sabela Hermida// 

O próximo venres 25 de novembro a corporación local de Santa Comba celebra o  último pleno ordinario do presente ano. A sesión celebrarase no salón de plenos da casa consistorial e comezará ás oito e media da noite. A convocatoria non ten asuntos de calado, aínda que neste concello os debates adoitan ser bastante animados e non exentos de polémica

Moi preto das dependencias municipais e ás 9 da noite do mesmo venres, a comisión de festas dos Milagres de Santa Catalina, organiza unha festa en honra á súa patroa cunha churrascada amenizada polo trío Elite.

E o sábado, desde as dez da noite, o auditorio do multiusos acolle unha nova cita do II ciclo de Teatro que organiza o departamento de cultura xalleiro a cargo de Teatro Proscrito coa representación de “Habemus mama”, obra na que participa a xalleira Isabel Blanco e Sabela Hermida.O ciclo termina o luns coa función “Roedores” a cargo de Redrum teatro, que se escenificará desde as 11 da mañá. Á sesión acudirán escolares de Santa Comba e Mazaricos.

Este xoves desde a 11 da mañá o C.E.I.P. Barrié da Maza acolle o obradoiro “O xogo non ten xénero?  con motivo do “Día dá non violencia contra a muller”, convocado polo CIM xalleiro. Tamén este xoves péchase o prazo para participar na XXIX liga de fútbol sala municipal. Máis información na Oficina municipal de deportes 981103034.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos