13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Vinte e unha xovencas participan na Poxa de Mazaricos

Vinte e unha xovencas desfilarán pola pasarela gandeira que se habilitará o vindeiro domingo 20 de novembro no recinto feiral da Picota, en Mazaricos, nun evento organizado polo propio concello, a asociación Gandeiros de Mazaricos e Africor Coruña.

Segundo o catálogo da organización son vinte e un animais que proceden de doce ganderías. Catro delas son de Mazaricos, Blanco de Lago(Lago), Marto(Abeleiras), Sat Busto-Corzón(Busto-Corzón), e Nuveira(Arcos).Unha das que máis xovencas presenta é a explotación Maroñas do Riveiro-Mallón, no municipio de Santa Comba. As demais granxas son Agrícola del Camino(O Pino), Hurdeiro(Toques_), O Canteiro(Vimianzo), Muñiz(Carballo),A Campa(Curtis), Vieites(Trazo)e Petis(Negreira).

A X Poxa de Xovencas de raza frisona de Mazaricos comenzará as 11 da mañá. Haberá sorteos con  máis de 1.500 euros en agasallos.Os organizadores contan co patrocinio de Abanca, e a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Eu Son Mazaricos, Calier, Piensos Alborés, SAT Busto Corzón, Iberdrola e Revista Afriga. 

Sábado de actividades

Pero xa na véspera, cando entrarán as xovencas no recinto, haberá distintas actividades, como un  show cooking con Ana Oca, participante no programa MasterChef junior, un obradoiro de manualidades e un campionato de muxido.

Antes, ao longo da mañá do 19 de novembro celebraranse as xornadas técnicas do sector lácteo con distintos relatorios.  O veterinario Ismael Fernández(10:30h) falará sobre “a transferencia de embrións como ferramenta gandeira cotiá”, o director de Bancoagro, Jesús Combarro sobre “a financiación dos plans de mellora”, e as 11,30 terá lugar a presentación do libro fotodocumental “El ordeño, lo que es” de Xosé Luís Míguez.

As 12,2O h será a quenda do experto en comunicación, Nacho Peón, coo relatorio “O gandeiro na súa encrucillada” e posteriormente haberá unha mesa redonda sobre a valorización do leite, moderada polo veterinario Marcos Fernández González, e coa participación de Sabela Oca, directora de calidade de Larsa, Pablo Gómez, xerente de Clesa, Ismael Martínez, responsable de proxectos I+D de Feiraco e Guillermo Martínez Ruíz, da Casa Grande de Xanceda.

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Rodríguez e un/unha representante da Consellería do Medio Rural clausurarán as xornadas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos