10.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

O PP de Zas recorre ao Valedor polos contratos de servizos

O Partido Popular de Zas denunciou diante do Valedor do Pobo a falta de información por parte do goberno que preside Manuel Muíño con respecto aos contratos dos servizos de axuda no fogar, recollida de lixo e limpeza de edificios múltiples, despois de que, aseguran, se negase a ofrecer a información que solicitaron o pasado 3 de xuño e de novo o 9 de agosto.

“Ante a ausencia total de contestación por parte de todas estas persoas, tivemos que recorrer ao Valedor do Pobo”, indicou Gómez Brandariz que sospeita que detrás de “tanto escurantismo e transparencia non se pode esconder nada bo”. O portavoz popular informa que con respecto ao servizo de recollida de lixo, no perfil do contratante da internet, só figura con data do 6 de maio de 2011, a publicación da licitación do prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación mediante procedemento aberto e tramitación urxente do servizo de lixo”. E días máis tarde aparece que se desestima “este procedemento de contratación por apreciar no prego erros no relativo ao IVE e á subrogación do persoal”.

Desde o PP afirman que  “non só é sospeitoso que non exista publicación algunha sobre a prestación deste servizo, senón que tamén o é que a empresa que o presta posteriormente estea relacionada coa anterior, xa que comparten o mesmo domicilio social”. Con respecto aos contratos de limpeza de edificios municipais tampouco hai documentación salvo dúas contratación do ano 2009

No que fai referencia ao contrato de axuda no fogar, o portavoz popular chama a atención sobre que non consta ningún tipo de publicación que faga referencia á licitación do devandito contrato. “Podemos saber, con todo, o nome da empresa que está a prestar este servizo porque así o recoñece na súa páxina web”, apuntou o portavoz.“Sorprendeunos que, posteriormente, e con data de setembro de 2016, o Concello licitase un contrato de limpeza dos edificios municipais, pero que non afecta a todos os inmobles”, indicou Gómez.

O portavoz popular demanda máis información e saber se algúns dos contratos foron tramitados pola vía dos contratos menores, aínda que lle parece “complicado tendo en conta  o volume económico, por exemplo, dos servizos de recollida de lixo e de axuda no fogar.“Sexa como sexa, o certo é que non consta en ningún lado que o Concello de Zas seguise as canles legais que rexen a contratación de servizos” manifestou David Gómez.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos