10.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Concorrida manifestación contra a segregación de Ferroatlántica

“As centrais non se venden” reivindican desde a Costa da Morte. Este sábado, o mesmo día que o presidente da Xunta prometía o seu cargo na capital de Galicia, a praza do concello de Cee ateigouse de persoas que quixeron expresar o seu apoio ás demandas canalizadas a través do Comité de empresa de Ferroatlántica, que se opoñen á segregación das actividades nas fábricas de Cee e Dumbría e piden a intervención de Alberto Núñez Feijóo.

A escritora Rocío Leira e o actor Toño Casais foron os encargados de ler o manifesto. Os traballadores estiveron arroupados por centos de veciños pero tamén polos alcaldes da Costa da Morte, e por representantes dos distintos partidos políticos como foi o caso do voceiro de En Marea, Luís Villares, o deputado Antón Sánchez e outros parlamentarios deste grupo. Tamén estiveron polo PSOE, o senador Ricardo García Mira ou a deputada Dolores Toja, entre outros. Ou o deputado  do BNG, Xosé Lois Rivas “Mini”, o responsable de organización, Bieito Lobeira e o responsable comarcal, Serxio Domínguez por este partido.O Partido Popular estivo representado pola coordinadora comarcal e portavoz ceense Zaira Rodríguez e por portavoces da bisbarra.

O comité pide ós dirixentes locais do PP que “presionen” a Feijóo

Os membros do comité de empresa de Ferroatlántica teñen claro que a solución está nas mans do presidente da Xunta e así o ratificaron o venres pola noite durante o transcurso dun pleno celebrado no concello de Mazaricos.”Se Feijóo non autoriza, non hai venda” explicaron. E pediron aos dirixentes do Partido Popular na Costa da Morte que “presionen” ao seu líder para evitar “a ruína” da zona advertíndolles que “non vale estar detrás da pancarta e ser os verdugos da comarca”.

Fotos- En Marea – PSdeG

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos