16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Mazaricos aproba este venres o orzamento do 2017

O concello celebra a Semana Gandeira con xornadas técnicas, poxa de xovencas, campionato de muxido, concursos, visitas á explotacións, etc…

O salón de plenos do concello de Mazaricos acolle este vindeiro venres, desde as oito do serán, unha sesión plenaria ordinaria que terá como principal punto da orde do día a aprobación do orzamento para o ano 2017. O Bloque Nacionalista Galego goberna con maioría absoluta polo que con toda probabilidade tamén se dará luz verde á memoria para a implantación  do servizo público de ximnasio municipal, con xestión directa desde o concello, e o seu regulamento.

Tamén se aprobará o límite de gasto non financeiro para o vindeiro ano e unha transferencia de crédito, así como unha moción presentada polo BNG en apoio aos empregados das centrais de Ferroatlántica en Cee e Dumbría.Será na véspera da concentración prevista no concello ceense.Haberá a habitual quenda de rogos e preguntas por parte da oposición do PP.

Semana gandeira de Mazaricos

O luns comenzan os actos da Semana Gandeira do concello de Mazaricos con actividades extraescolares(visitas á explotacións) para os nenos e nenas do concello. Tamén está aberto un concurso de fotografía para tódalas persoas( as fotos deberán ser enviadas por Whatsapp sen ningún retoque nin filtro ao 628809771 ata o 15 de novembro) e un concurso de postres lácteos, que se entregarán o sábado pola tarde no recinto feiral da Picota.Esa mesma tarde haberá un show cooking con Ana Oca, participante no programa MasterChef junior, un obradoiro de manualidades e un campionato de muxido.

Antes, ao longo da mañá do 19 de novembro celebraranse as xornadas técnicas do sector lácteo con distintos relatorios.  O veterinario Ismael Fernández(10:30h) falará sobre “a transferencia de embrións como ferramenta gandeira cotiá”, o director de Bancoagro, Jesús Combarro sobre “a financiación dos plans de mellora”, e as 11,30 terá lugar a presentación do libro fotodocumental “El ordeño, lo que es” de Xosé Luís Míguez.

As 12,2O h será a quenda do experto en comunicación, Nacho Peón, coo relatorio “O gandeiro na súa encrucillada” e posteriormente haberá unha mesa redonda sobre a valorización do leite, moderada polo veterinario Marcos Fernández González, e coa participación de Sabela Oca, directora de calidade de Larsa, Pablo Gómez, xerente de Clesa, Ismael Martínez, responsable de proxectos I+D de Feiraco e Guillermo Martínez Ruíz, da Casa Grande de Xanceda.

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Rodríguez e un/unha representante da Consellería do Medio Rural clausurarán as xornadas.

 

Poxa de Xovencas

E o domingo 20 de novembro, o recinto feiral da Picota acolle a Poxa de xovencas de raza frisona desde as 11 da mañá, con sorteos de máis de 1.500 euros en agasallos. As actividades son organizadas polo concello de Mazaricos, Gandeiros de Mazaricos e Africor Coruña, e contan co patrocinio de Abanca, e a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Eu Son Mazaricos, Calier, Piensos Alborés, SAT Busto Corzón, Iberdrola e Revista Afriga. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos