5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Concentración contra a segregación de Ferroatlántica

//Este sábado as 17:00h en Cee// En Marea presenta varias iniciativas no Congreso dos deputados//

 
O comité de empresa de Ferroatlántica nas factorías de Cee e Dumbría convocou para o vindeiro sábado 12 de novembro unha concentración en contra da posible segregación das actividades de enerxía e ferroaleaxes.”As nosas centrais non se venden” é o lema desta protesta que se desenvolverá desde as 17,00h na praza do concello de Cee.

Nas últimas datas os representantes do comité de empresa mantiveron encontros cos grupos parlamentarios do Partido Popular, PSdeG, En Marea e BNG, que lle deron a coñecer distintas iniciativas na cámara do Hórreo. Tamén recibiron o apoio do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, dos concellos de Dumbría e Cee, e dos demáis alcaldes da Costa da morte.

En Marea presenta iniciativas en Madrid

Os deputados de En Marea Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino presentaron varias iniciativas no Congreso dos Deputados en contra da posible segregación de Ferroatlántica.

O deputado Antón Gómez-Reino manifestou a este respecto que a operación comercial que vai levar adiante a empresa ubicada en Cee «divide unha unidade productiva que recibiu cuantiosas axudas públicas en forma de interrumpibilidade e primas á xeneración de enerxía renovable por parte do Goberno do Estado».

Pola súa banda, Yolanda Díaz, denunciou a pasividade das institucións e insistiu que «temos que defender por enriba dos intereses económicos de empresas que como esta, subsisten grazas ás cuantiosas axudas públicas que reciben».

En Marea insta ao Goberno do Partido Popular a analizar todas as vías legais para impedir a segregación en Ferroatlántica das centrais eléctricas das fábricas de ferroaleacións.O grupo de En Marea considera fundamental que o goberno do estado asegure, conxuntamente coa Xunta de Galicia, “a recuperación para o dominio público das concesións hidroeléctricas de xeito que a producción das mesmas siga a estar, de maneira primaria, ao servizo da producción de ferroaleacións na factoría de Cee (Coruña)”.

Tamén piden axudas para modernizar a factoría de Cee “mellorando a súa eficiencia así como a dos aproveitamentos hidroeléctricos” e engaden que “o Goberno do Estado debe por e dispor de todos os medios ao seu alcance para o mantemento dos postos de traballo evitando a destrucción dos mesmos, de producirse a mencionada segregación das centrais eléctricas das fábricas de ferroaleacións”.

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos