13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

O PP insiste en que hai que manter o emprego en Ferroatlántica

“Non poderán segregarse de Ferroatlántica S.L. as actividades de ferroalixes e de produción de enerxía eléctrica” lembran os populares.

O portavoz do grupo parlamentario do Partido Popular, Pedro Puy Fraga e a viceportavoz, Paula Prado del Río, mantiveron este luns unha xuntanza cos membros do Comité de empresa de Ferroatlántica.Na mesma, Pedro Puy dou conta dunha proposición non de lei que presentaron no Parlamento de Galicia e que propón os seguintes acordos:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1.    Que faga os estudos técnicos e xurídicos oportunos sobre a anunciada proposta de venda feita por Ferroatlántica das centrais hidroeléctricas que posúe nos ríos Xallas e Grande, en relación coa súa compatibilidade co condicionado existente nas resolucións administrativas de transmisión da titularidade destas centrais.

2. Que manteña informados puntualmente aos representantes dos traballadores das centrais hidroeléctricas e das fábricas de ferroalixes de Cee e Dumbría dos diferentes acontecementos que vaian xurdindo en relación a esta operación.

3. Que todas as actuacións que realice en relación con este asunto vaian dirixidas a salvagardar os empregos, as actividades industriais e enerxéticas, e a competitividade das empresas”.

Tal é como anunciara o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, fai uns días e como tamén indicara no deputado popular Aurelio Núñez Centeno e a coordinadora comarcal da Costa da Morte, Zaira Rodríguez, Pedro Puy salientou que “a prioridade, en calquera caso, é manter o emprego”, polo que sinalou que “calquera actuación da Xunta debe defender o mantemento dos postos de traballo”.

Desde o Partido Popular lembran que a resolución administrativa pola que se autoriza a adquisición por Ferroatlántica dos saltos do río Xallas e Grande contempla a seguinte condición: “Non poderán segregarse de Ferroatlántica, S.L. as actividades de ferroalixes e de produción de enerxía eléctrica polas centrais as que se refire a presente autorización”.

Puy Fraga incidiu en que o PPdeG “prioriza nestas cuestións o mantemento dos postos de traballo” de Ferroatlántica e avanzou que, “unha vez que vexamos quen é o responsable desta competencia no novo Goberno galego, será cuestión de falar de cousas máis concretas”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos