11.7 C
Santa Comba
jueves, abril 18, 2024

Mazaricos e as historias do «Eroski-Paraíso»

Case duascentas persoas acudiron a representación de “Eroski Paraíso” na Casa da Cultura da Picota o pasado sábado. A obra tiña tódolos alicientes para conectar co público. Unha compañía de relevancia como Chévere, un actor coñecido coma Miguel de Lira, e unha historia que lembraba os tempos da discoteca Paraíso en Muros, cun protagonista chamado Antonio Formoso(Miguel de Lira),veciño de Arcos, acompañado no reparto por Patricia de Lorenzo,Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e Luís Martínez.

Bolsas coa imaxe MZ, e a colaboración doutras persoas do concello na preparación da obra engadían máis interese a velada.E a xente non fallou a cita nunha noite de choiva.Nin a obra decepcionou.Entre os asistentes estaba o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro e varios concelleiros do grupo de goberno.

Houbo momentos cómicos que se combinaban con outros máis melancólicos,e diversas reflexións sobre o pasado e o presente dunha comarca e os seus problemas.Persoas que parten dun mesmo punto de partida, separan os seus camiños para volver a encontrarse nun inicio que é o mesmo lugar pero moi diferente. Porque as cousas cambian e evolucionan.Ou desaparecen.E “Eroski Paraíso” ten esa carga emocional.

E foi precisamente, Miguel de Lira, o que despois dos merecidos aplausos, despedía a función co sorteo entre o público da pescada que aparecía na obra e que Patricia de Lorenzo, no seu papel de traballadora dun supermercado, cortara e preparara, mentres resucitaba lembranzas diante dunha cámara.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos